El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

10,8 millóns de euros adicionais para incrementar a inserción laboral dos galegos

18-09-2017 19:25:41
Francisco Conde participou hoxe en Madrid.

Madrid.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na LXVI Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais na que se aprobou un incremento dos fondos destinados ás políticas activas de emprego e a prórroga do Plan Prepara.

Conde destacou, dunha banda, que Galicia recibirá 10,8 millóns adicionais para aumentar a inserción laboral dos galegos. Deste xeito e, segundo explicou, ao remate da xuntanza, o incremento nos fondos permitirá reforzar os plans de formación e de mellora da empregabilidade.

O titular de Economía, ademais, valorou positivamente a prórroga do Plan Prepara, xa que sinalou que supón un apoio dirixido ás persoas con menos recursos, demandantes de emprego no último ano que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional. “Os parados de longa duración e as persoas con menos recursos son un colectivo prioritario en todas as políticas activas de emprego da Xunta”, engadiu Conde. Desde a posta en marcha do Plan Prepara, en 2011, o programa beneficiou a máis de 50.000 galegos e permitiu a mellora laboral de 10.000 desempregados a través do labor dos 50 orientadores contratados a través desta actuación.

O Goberno galego conta, ademais, con outras axudas dirixidas a este colectivo que se enmarcan na Axenda 20, a folla de ruta coa que se está impulsando o emprego estable e de calidade. Así, existen apoios para a contratación de parados de longa duración, que sexan maiores de 45 anos, nos que se invisten 2 millóns de euros. Son axudas mínimas de 10.000 euros e máximas de 25.000 euros. Así mesmo, a Xunta dispón de apoios, con contías que poden alcanzar os 10.000 euros, para incentivar nas pemes a contratación de parados maiores de 30 anos que esgotaran as prestacións por desemprego aos que se destinan 1,5 millóns de euros. As dúas convocatorias están abertas ata o próximo 2 de outubro.

Do que se trata é, segundo indicou o conselleiro, de “facilitar con estes programas ás persoas desempregadas o acceso a un posto de traballo”. Deste xeito, apuntou que a Xunta segue traballando para que a recuperación económica chegue a todas as familias galegas e as cifras do desemprego sigan baixando, como no último mes no que Galicia foi a terceira Comunidade na que máis baixou o paro. Ademais, na actualidade existen un 29% menos de parados de longa duración que ao inicio da segunda lexislatura e, tal e como afirmou o conselleiro, 2 de cada 3 desempregados que abandonaron as listas do paro no último ano eran de longa duración. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias