El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Villoslada: "Os socialistas temos que deixar patente a nosa clara vocación municipalista"

17-09-2017 19:58:04

O precandidato ás primarias dos socialistas galegos,  Juan Díaz Villoslada, reivindicou hoxe o traballo dos alcaldes e alcadesas socialistas, que son “un muro de contención para frear as políticas da dereita e sosteñen os valores do partido”. 

Villoslada, tras reunirse hoxe coa militancia en Fene, As Pontes, Ortigueira, Cee, Camariñas e Vimianzo, dixo que “os socialistas temos que deixar patente a nosa clara vocación municipalista”, asegura o precandidato.  

“Para os socialistas, os concellos son sinónimo de calidade democrática, de mantemento do sistema de benestar e protección social, de solvencia e de estabilidade económica”, sostén Villoslada, que considera ademais que “os concellos son a primeira democracia, o nivel político onde os electores poden atopar con facilidade aos seus representantes polas rúas e achegarse a falar con eles”. 

“Somos un partido municipalista porque sempre fomos quen de levar o cambio ás cidades que gobernamos contando con todos os cidadáns que viven nelas, ao igual que estan a facer, nestes momentos tan complicados, os nosos compañeiros de Cataluña”, engade. 

“A pesar das presións desde distintas partes, os alcaldes e concelleiros do PSC continúan defendendo os seus principios e seguen a pensar no ben común e nos intereses xerais dos seus veciños, polo que desde Galicia amosamos todo o apoio e trasladamos toda a forza para que continuen nese camiño”, remata Villoslada. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias