El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Villoslada chama á "mobilización masiva" da militancia

08-09-2017 20:11:29

O precandidato ás primarias dos socialistas galegos,  Juan Díaz Villoslada, fixo hoxe un chamamento á “mobilización masiva” da militancia nun proceso no que está en xogo “un proxecto estable e de futuro” para o PSdeG, unha vez comezado o prazo para a recollida de avais. 

Villoslada mantivo durante toda a xornadaencontros coa militancia en Redondela, Pontecaldelas, Pontevedra e Vigo. “Os militantes vimos demostrando nos últimos meses a fortaleza que ten o noso partido e o sólidos que están os nosos valores e as nosasconviccións de esquerda”, asegurou. 

“A victoria de Pedro Sánchez demostrou á sociedade española o vivo que está o Partido Socialista e a madurez dunha militancia máis participativa que nunca, que volverá a demostrar en Galicia esa madurez para escoller o proxecto que necesita o partidoneste momento”, sostén. “O noso grado de compromiso cos valores de esquerda do PSOE foronsempre e continúan sendounha garantía na búsqueda de solucións para os problemas da cidadanía”, engadiu o precandidato. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias