El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "Hoxe o PPdeG é o único partido cun programa propio para cada cidade"

08-09-2017 14:18:01
Miguel Tellado.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que hoxe o PPdeG é o único partido da Comunidade que pode presentarse unido ante os cidadáns e en toda Galicia cun programa de goberno propio para cada cidade á vez que coherente entre todas elas.    

“Nós non estamos en liortas internas para ver quen é o que máis alto é capaz de dicir ‘no es no’, tampouco temos aos nosos alcaldes nin ás nosas figuras históricas conspirando contra o noso líder, nin estamos intentando imitar a nacionalismos fracasados despois de ter o peor resultado da nosa historia”, engadiu Tellado antes de remarcar que “o Partido Popular de Galicia é un partido de goberno, que se prepara para volver a ser goberno nos nosos concellos. Onde xa o somos e onde non”.   
Ao respecto, o secretario xeral anunciou que, nos vindeiros días, en cada unha das cidades galegas o PPdeG poñerá en circulación o seu propio xornal, en papel, “co que pretendemos chegar aos veciños”.   

Así, durante unha rolda de prensa celebrada trala súa reunión esta mañá co Comité de Cidades, Tellado afirmou que “este xornal servirá, alá onde somos oposición, para desenmascarar a parálise e as carencias na xestión dos gobernos populistas, dos socialistas e dos nacionalistas; e contrapoñela cos nosos proxectos de cidade inspirados na seriedade, a sensatez e o rigor”. Do mesmo xeito, engadiu que tamén servirá, “alá onde somos goberno, para reivindicar que outro xeito de gobernar é posible. Desde a moderación, desde a preocupación polos cidadáns, e desde o falar pouco e facer moito”.   

O secretario xeral apuntou que o xornal quere aportar unha visión fresca e diferente da realidade municipal pero, sobre todo,  seguir pegado á rúa e á xente. Ademais, precisou que cada agrupación local decidiu os seus contidos, e tamén decidirá cando e como presentalo.


Cataluña

Por outra banda, o número dous do PPdeG tamén se referiu ao acontecido nos últimos días en Catalunya, asegurando que, ante o desafío secesionista, “desde o Partido Popular de Galicia gustaríanos que se sacase unha lección sobre a importancia de ter un goberno autonómico centrado, moderado e preocupado por resolver os problemas dos cidadáns, non en crearlles novos problemas”.   

Nese senso, incidiu en que “fronte unha Cataluña cun déficit desbocado, temos unha Galicia que crece controla as súas contas; fronte unha Cataluña centrada en crear fronteiras e facer propaganda independentista, temos unha Galicia que se quere abrir ao exterior e centrada en que a nosa economía creza e os nosos servizos sociais melloren cada día”. “En definitiva, fronte a unha Cataluña cuxo goberno está secuestrado por unha minoría radical, en Galicia hai unha maioría clara que lle dá estabilidade ás nosas institucións”, remarcou.   

“Nós temos moi claro cal é o modelo que defendemos, e sabemos que a gran diferenza entre os gobernos destas dúas nacionalidades históricas son os partidos que as lideran. O que nos preocupa é que a oposición sexa ambigua porque debería estar ao lado do Goberno”, concluíu Tellado. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias