El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

GALICIA

Novos apoios para impulsar a competitividade e innovación no comercio galego

21-08-2017 15:22:06

A Coruña.- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asistiu hoxe na Coruña a unha sesión informativa con representantes do comercio desta provincia para presentarlles o novo programa de axudas para apoiar a expansión comercial e dixital dos seus negocios que estará activo ata o 11 de setembro.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2 millóns de euros para impulsar máis de 130 proxectos no comercio de proximidade galego, contribuíndo así á mellora da competitividade do sector. O programa está destinado a pemes que veñan desenvolvendo a súa actividade comercial en Galicia durante os últimos dous anos, impulsando así o seu crecemento e innovación.

Por unha banda, apoiaranse con ata 30.000 euros os proxectos de expansión comercial, para a apertura de novos establecementos. O proxecto poderá basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial que xa estaba en marcha, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou en novas tendencias de consumo, e deberá incluír un compromiso de contratación de polo menos un traballador. Estas iniciativas deberán, así mesmo, responder a unha idea comercial innovadora.

Por outra parte, concederanse axudas de ata 3.500 euros para proxectos piloto pop up, consistentes na apertura por un prazo máximo de dous meses dun novo establecemento nun concello distinto ao que o comerciante veña desenvolvendo a súa actividade para testar un mercado ou un proxecto comercial innovador.

Os comerciantes tamén poderán acceder a apoios de ata 1.080 euros para a súa expansión dixital, co obxectivo de acceder a asesoramento profesional e especializado para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital personalizado e axeitado ao target do comerciante, definindo unha estratexia comercial dixital de expansión.

O novo programa enmárcase no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que contempla 55 accións específicas ata 2020, e que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias