El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

VILANOVA DE AROUSA

Rey Varela é condecorado coa insignia de ouro e brillantes na Festa do Mexillón e do Berberecho

13-08-2017 19:53:06
José Manuel Rey Varela (C).

Vilanova de Arousa (Pontevedra).- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe á XXIII Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa e foi o encargado de dar comezo á mesma coa lectura do pregón. Así mesmo, foi condecorado coa insignia de ouro e brillantes que entrega dito concello, unha distinción da que asegurou sentirse “moi orgulloso”.

Durante a súa intervención, Rey Varela encomiou o gran labor das mariscadoras nas costas galegas e fixo referencia á importancia do sector do mexillón asegurando que “a especialización e localización das explotacións e da produción, convérteo no eixo da economía desta ría”. Ademais, engadiu que Galicia “está á vangarda no eido gastronómico grazas á insuperable materia prima da que dispoñemos no noso mar”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias