El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Deputación e Concello organizan o XXIII Rabafolc

09-08-2017 13:26:32
Presentado o XXIII Rabafolc.

Lugo.- A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, xunto aos Concelleiros, Alejandro Martínez Campose Mª José De Arriba Redondo, presentaron hoxe a XXIII Edición do Rabafolc, que se celebraráeste venres, 11 de agosto, a partir das 22:00 horas, na praza de Rábade. O Goberno Provincial é, xunto ao Concello, o principal patrocinadora deste cita, pois colaboran cada un con 8.000 euros, respectivamente.Os grupos que actuarán son: Os Cempés, Pepe Vaamonde, Anxo Lorenzo e o grupo irlandés Dubhlinn.   

García Portodestacou a importancia deste tipo deactividades “porque, ademais de fomentar o noso patrimonio cultural, promovendo nesta caso a música folk, un xénero moi vencellando a nosa terra, tamén contribúe a impulsar a economía local e da provincia, posto que agardamos a visita de 2.000 persoas”.   

A Deputada avanzou que o Goberno da Deputación colabora con máis de 70 citas desta índole nos municipios, achegando máis de 330.000 euros. Faino seguindo as liñas do Plan Estratéxico de Turismo na provincia e sendo a principal patrocinadora destes eventos, “que son unha oportunidade excepcional para promovero turismo nas nosas vila, así como un auténtico revulsivo económico”, explicou.   

O Alcalde agradeceu o traballo levado a cabo dende as dúas administracións implicadas no Rabafolc: Concello e Rábade e Deputación. E subliñou que “esta nova convocatoria, que chega a súa XXIII Edición, xa se converteu nun cita de referencia no que a música folk se refire na provincia. 

Ademais este ano contamos cun grupo irlandés, polo tanto, presentamos un programa completo, que xa traspasa as nosas fronteiras”. Tamén avanzou que o grupo Os Cempés realizará un obradoiro de baile gratuíto, a partir das 17:00 horas no Centro Social, para todos os asistentes. 


Orixes do Festival

O Festival de Música Folk de Rábade comezou no ano 1979,na mesma data da fundación da Asociación Cultural Chaira, a cal concibiu estefestival. Tras a súa desaparición, o Concello de Rábade asumiu esta iniciativaque, coa deste ano, leva 23edicións. 

Durante este tempo, pasaron por Rábade artistasda talla de KepaJunkera,Berroguetho, Xorima, PabloQuintana,Treixadura, A Quenlla, Cuchufellos, ou Milladoiro e outros moitos que forman parte da historia da música folk e da musica galega. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias