El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

RIANXO

Rosa Quintana eloxia a calidade do mexillón galego na celebración da VIII festa

06-08-2017 20:39:51
A conselleira do Mar, Rosa Quintana (D).

Rianxo.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe á celebración da VIII Festa do Mexillón en Rianxo, onde destacou a boa calidade desta especie en Galicia. Esta cita gastronómica, organizada polo Club de Remo de Rianxo, ten como obxectivo promocionar o produto das bateas rianxeiras e recadar fondos para o club.
Alí, a titular de Mar fixo fincapé na importante tradición de Galicia no cultivo desta especie. Unha produción que no 2016 acadou os preto de 240.000 toneladas por un valor económico que superou os 109 millóns de euros. Tamén destacou a grande implantación do sector bateeiro na zona do Barbanza e a importancia fundamental da mitilicultura para as rías galegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias