El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

GALICIA

Conde adianta que 4.000 desempregados se beneficiarán dos novos programas

26-06-2017 14:00:48

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou unha nova convocatoria dos Programas Integrados de Emprego da Xunta, durante o Encontro de Lanzadeiras de Emprego da Xunta 2017, celebrado en Santiago de Compostela esta mañá.

Tal e como informou o conselleiro, a nova edición dos Programas Integrados de Emprego conta cun investimento de 9,5 millóns de euros -o que supón un 40% máis que a anterior- e dela poderanse beneficiar 4.000 desempregados que, durante 12 meses, contarán cun itinerario de apoio personalizado para promover a súa inserción laboral a través de asesoramento, formación e práctica laboral.

Estes programas veñen complementar o labor realizado polas lanzadeiras de emprego que a Xunta promove en colaboración coas Fundacións Telefónica e Santa María la Real a través dunha rede que este ano actúa nun total de 7 concellos galegos (dous máis que na edición pasada): Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Carballo e Lalín.

Nesta convocatoria participan un total de 140 persoas das que, desde a súa posta en marcha o pasado mes, 14 xa atoparon un posto de traballo. Neste sentido, Conde suliñou que as lanzadeiras lles achegan as ferramentas para poñer en valor o seu currículo profesional para concorrer a unha oferta laboral con máis garantías de éxito. A finalidade desta iniciativa é combater o desemprego e favorecer a inserción laboral ensinándolle aos participantes a elaborar un currículo, a actuar en procesos de selección, a empregar internet nas buscas de emprego e a crear unha marca persoal.

Neste sentido, o conselleiro indicou a importancia de que administracións e institucións acompañen a todos aqueles que están a buscar un emprego para relanzar o seu perfil profesional e destacou o traballo en equipo como elemento diferencial destas lanzadeiras.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias