El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

DÍA DE GALICIA EN LONDRES

A Xunta eloxia o traballo dos centros galegos no exterior

25-06-2017 21:33:42
Os galegos no exterior seguen conservando a lingua.

Londres.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe nos festexos organizados polo Centro Galego de Londres con motivo da celebración do Día de Galicia na capital británica.

Ambos representantes da Xunta coincidiron en resaltar o importante traballo que desenvolven os centros galegos no exterior, e felicitaron de forma especial ao centro de Londres, un dos máis activos e dinámicos en todo o mundo e que celebra este ano o seu 50 aniversario.

Ademais, resaltaron os valores dos galegos no exterior, que seguen conservando a lingua, as tradicións e os vínculos coa súa terra, sen que iso sexa un impedimento para acadar unha integración plena nos países que os acollen.


Galegos no Reino Unido

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen actualmente no Reino Unido 13.092 galegas e galegos, dos que preto da metade xa naceron na diáspora.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias