El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Xunta xa traballa no Xacobeo 2021

24-06-2017 11:59:47
Clausura da Carreira do Peregrino.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Comunidade galega está a traballar xa para que o Xacobeo 2021 conte cuns servizos á altura das necesidades do século XXI. “Dentro de tres anos terá lugar un dos acontecementos máis importantes da nosa historia recente, o Xacobeo 2021, e Galicia estará máis preparada ca nunca para ofrecer a súa mellor imaxe ao mundo”, aseverou.

Nesta liña recordou que, ademais da restauración da Catedral de Santiago, a Xunta traballa para que a rede de albergues públicos ofreza uns servizos á altura do que o primeiro Itinerario Cultural Europeo, declarado Patrimonio Mundial en 1993 e Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2004, merece.

Así mesmo, unha boa parte dos máis de 60 millóns de euros que recolle o Plan director do Camiño está destinada a que todos os albergues teñan wifi e sexan accesibles ás persoas con discapacidade. Todo iso, para seguir acollendo coa máxima hospitalidade os peregrinos que decidan visitar esta terra e desfrutar dos atractivos culturais, patrimoniais, naturais e gastronómicos dos seus camiños.

Durante o acto de clausura da Carreira do Peregrino, Feijóo aseverou que este evento chegou para quedarse e converterse nunha oportunidade para unir os mellores valores do olimpismo cos valores xacobeos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias