El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

AXUDAS PARA AUTÓNOMOS

A Xunta impulsa o emprego cunha nova achega de 9 millóns

22-06-2017 22:50:09
Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dun novo programa de 9 millóns de euros dirixido a autónomos, empresas e entidades sen ánimo de lucro para incentivar a contratación de menores de 30 anos.

A iniciativa, que forma parte do Sistema de Garantía Xuvenil, prevé beneficiar a 1200 mozos, un 20% máis que na edición anterior, con axudas superiores ás do pasado ano, que poden chegar a superar os 17.000 euros.

Feijóo explicou que a intensidade das contías xerais aumentará nun 25% nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo neste segmento de idade: mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, familias con todos os seus membros en paro ou se o centro de traballo está emprazado no rural. E o programa incluirá tres tipos de actuacións diferentes.

Así, para apoiar o inicio de actividade dos autónomos destinarase un orzamento de 2,5 millóns, cunha axuda mínima de 4.000 euros - máis do triplo que en 2016-, que poderá chegar aos 8.000 euros para os colectivos máis vulnerables. Este ano, tamén como novidade, elimínase o requisito de investimento mínimo para fomentar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

A segunda actuación que forma parte deste programa, cun orzamento de 3,4 millóns de euros, ten como obxectivo fomentar nas empresas a contratación por conta allea. Para elo, prevense 7.000 euros de incentivos á contratación indefinida inicial para os dous primeiros anos (3.500 euros ao ano) que poden chegar aos 14.000 euros; e 2.500 euros por cada contrato temporal que se converta en indefinido, podendo alcanzar os 5.000 euros.

Os apoios para a contratación temporal, mínima por 6 meses, oscilará entre os 1.500 e 6.000 euros; os incentivos para contratos de formación e aprendizaxe, mínimo de 12 meses, poderán chegar ata os 2.400 euros; e, por último, para a contratación en prácticas, mínimo de un ano, as axudas serán de ata 7.200 euros.

O terceiro dos apoios deste programa -cun total de tres millóns de euros- estará destinado ás entidades sen ánimo de lucro, para incentivar a contratación dos mozos co obxectivo de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral. Con este obxectivo, as axudas oscilarán entre os 8.617 euros e os 17.234 euros.

O presidente da Xunta aseverou que con esta nova achega a Xunta dá continuidade á aposta por apoiar de forma máis intensa o emprego entre a mocidade. Non en van, este ano o Goberno galego investirá 40 millóns de euros co obxectivo de seguir reducindo o desemprego entre os menores de 30, un colectivo onde: baixou o paro no último ano nun 12,56%; e os contratos entre os mozos aumentou nun 16,28%, medrando os indefinidos nun 21,75%, cinco puntos máis que os temporais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias