El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Galicia segue entre as comunidades con menos endebedamento de España

15-06-2017 12:05:28

Galicia segue entre as comunidades autónomas con menos endebedamento de España, segundo mostran os datos do Banco de España correspondentes ao primeiro trimestre do ano, e mantén a súa previsión de non incrementalo ao peche deste ano 2017.

Ao finalizar o primeiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 19,8%, cinco puntos menos que no conxunto de España (24,8%). Este indicador medrou en Galicia nove décimas respecto ao trimestre anterior, pero non é un aumento representativo porque se debeu a que as amortizacións de débeda da Comunidade Autónoma comezaron no mes de abril e, polo tanto, non figuran neste dato.

Hai que ter en conta que a data 31 de marzo Galicia xa ingresara os recursos do Fondo de Facilidade Financeira do primeiro trimestre, pero nese momento aínda non realizara amortizacións de débeda, mentres que outras comunidades adheridas ao FLA aínda non ingresaran os fondos deste período. É por iso que, nos seguintes trimestres, a ratio de débeda de Galicia baixará.


Débeda estabilizada

De feito, a Xunta lembra que a débeda de Galicia está totalmente estabilizada dende finais de 2014, e a previsión do Goberno galego é que en 2017 non aumente o endebedamento.

En importes absolutos a débeda das comunidades autónomas situouse en 279.264 millóns de euros, o 4,1% dela -11.582 millóns- en Galicia. En todo caso, Galicia é neste momento a sétima comunidade autónoma –a quinta de réxime común- con menor endebedamento, cun diferencial positivo de cinco puntos sobre a media autonómica.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias