El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

A Ruta da Camelia amosa o seu potencial turístico no mercado chinés

14-06-2017 22:17:29

A experiencia turística deseñada en Galicia ao redor da flor da camelia, a Ruta da Camelia, está a ser presentada estes días na China como un dos recursos turísticos de especial atractivo para este mercado emisor.

No transcurso da viaxe institucional que se está a celebrar estes días no país asiático, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha reunión co director do Xardín Botánico de Pekín, Wang YingWei, con quen afondou sobre o potencial desta experiencia turística singular que se está a converter nun referente internacional.

Como recordou, a ruta deseñada ao redor desta flor percorre 12 lugares emblemáticos de Galicia, entre pazos, fortalezas e casas señoriais, así como numerosos xardíns e fincas, tanto públicas como privadas, e parques nos centros das cidades. Nelas, a camelia habita en todo o seu esplendor e esta ruta permite coñecer parte do patrimonio botánico, pero tamén patrimonial e cultural da Comunidade galega.

O encontro serviu, ademais, para pór en valor o potencial que esta flor orixinaria de Asia ten en Galicia, onde viven algunhas das camelias máis antigas de España, algunhas das máis lonxevas de Europa e a meirande parte delas se atopan nun perfecto estado de conservación, cun importante valor histórico e botánico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias