El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NO 2017-18

Educación convoca prazas de residencia para estudos postobrigatorios non universitarios

11-06-2017 12:19:16

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/18. O obxectivo desta convocatoria é facilitar o acceso ao ensino superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ao seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se impartan en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade. Cómpre sinalar que un 94% dos usuarios teñen este servizo gratuíto, de acordo cos umbrais de renda da convocatoria 2016/17.

As vacantes ofertadas facilitaranse en cada web e/ou taboleiro de anuncios dos CDR aos tres días de publicarse no DOG a convocatoria. O alumnado solicitante que obteña praza terá dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que dea lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.

Os residentes que rematen un nivel educativo concreto ou ciclo formativo, obtendo ou reunindo as condicións necesarias para acadar o título académico correspondente, non terán reserva de praza, polo que, para poder continuar os estudos deberán presentar unha nova solicitude.


Prazos de presentación e criterios de valoración

A presentación de solicitudes para o alumnado de Bacharelato será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 15 de xullo; mentres que para os matriculados en ciclos formativos o límite será ata o 8 de agosto. As listaxes definitivas ca relación de persoas admitidas, excluídas e adxudicatarias faranse de forma conxunta tanto a través da páxina web da consellería coma no taboleiro ou páxina web do respectivo centro residencial antes do 15 de setembro.

Para os centros nos que quedaran prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 15 e o 30 de setembro; e as listas definitivas publicaranse o 17 de outubro.

En canto aos criterios de valoración, sinalar que teranse en conta os datos socioeconómicos, como a composición da unidade familiar, renda, discapacidade ou desemprego; e o rendemento académico. Os detalles da orde poden consultarse aquí.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias