El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ARBO

"Quere o Teu Mercado"

29-05-2017 10:49:00
Alumnos do CEIP Antonio Carpintero.

Arbo.- Curiosos e inquietos os alumnos de educación infantil do CEIP Antonio Carpintero, que visitaron a Praza de Abastos de Arbo o pasado mércores 24. 

Este evento de carácter lúdico pretende conseguir que os nenos coñezan de primeira man a actividade que os praceiros desenvolven no Mercado, asi como os productos que neles se pode mercar. Os praceiros explicaran os escolares que alimentos venden e responderon a todalas preguntas formuladas. O remate do evento recibiron globos e piruletas co logo da Campaña. O vindeiro mercores 31 serán os alumnos de primaria quenes participen nesta actividad. 

Esta visita enmarcase dentro da Campaña “Quere o Teu Mercado”, impulsada  pola Xunta de Galicia, no seu propósito de promover os mercados e prazas de abastos da nosa comunidade, incentivar o consumo de productos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e do bo facer dos nosos praceiros e praceiras. Tratase de unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias