El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

26 E 27 NA COMARCA DE ARZÚA

Presentado o Rally Terra da Auga

22-05-2017 21:00:24

Boimorto.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou hoxe no Centro Público Integrado Armando Cotarelo Valledor o Rally Terra da Auga que terá lugar o 26 e o 27 de maio na comarca de Arzúa. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico dixo que “a chuvia, a natureza e o clima tan propios de Galicia achéganlle a este evento, ademais da espectacularidade que xa ten de por si, personalidade propia, raíces, verde, adversidade, identidade, carácter, temperamento, así como o segredo e a maxia que gardan os destinos turísticos do interior de Galicia”.

Nas súas verbas, a secretaria xeral asegurou que o último fin de semana de maio “a comarca arzuá converterase no epicentro do motor” xa que conta con todos os ingredientes necesarios. Neste sentido, a titular de Deporte destacou á organización da Escudería ADN Motor, o percorrido complicado e adverso, os mellores pilotos do panorama nacional, o público entregado e responsable e ás Forzas e Corpos de Seguridade “que posibilitarán que a seguridade sexa unha obriga pero tamén unha responsabilidade”.

Nesta nova edición o Rally Terras do Mandeo muda de localización e mesmo de denominación para converterse no Rally Terra da Auga, a terceira proba do Campionato de España de Rallyes de Terra. A proba trasládase 30 quilómetros ao sur, á comarca formada polos Concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. A pesar destes cambios, Marta Míguez sinalou que o rally “mantén a súa esencia con tramos de gran dureza e percorridos moi técnicos que marcarán as diferenzas entre os pilotos”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias