El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

MIÑO

O alcalde Ricardo Sánchez recibe a Yolanda Díaz

15-05-2017 19:56:27
Ricardo Sánchez eYolanda Díaz.

Miño.- Solicitar sendas xuntanzas cas Secretarías de Estado de Facenda e de Administracións Locais son dúas das iniciativas que a deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, anunciou hoxe tra-lo encontro que mantivo no Concello co alcalde de Miño, Ricardo Sánchez.          

A visita da deputada galega enmárcase dentro da ronda de xuntanzas que o rexedor municipal de Miño manterá con distintos representantes públicos, co obxecto de informarlles dos pasos que vai a dar o governo local en relación co abono da débeda ós expropiados de Fadesa.          

O alcalde Ricardo Sánchez agradeceulle a súa dilixencia para celebrar a xuntanza sen máis dilación e, por outra banda, aproveitou para reiterar ante os medios que o governo local fará todas as xestións posibles para que o Estado amplíe o pago da dédeba dos dez años actuais –oito de devolución do crédito máisdous de carencia- a un período de trinta.          
O período comprendido, nestes intres, para abonar a débeda abrangue de 2018 a 2025, ó que hai que sumar os dous anos de carencia anteriormente mencionados.          

Sobre o impacto que o plan de axuste tería sobre os veciños para facer frente ó pago dos doce millóns e medio de euros, o alcalde volveu a insistir en que “ a defensa dos intereses dos veciños é unha prioridade inexcusable para este governo local e algunas das medidas que se apuntan para ese plan de axuste como, por exemplo, a posibilidade de duplica-lo custo do IBI é unha condición inasumible”. Departamento de comunicación                      





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias