El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NO MES DE ABRIL

Medio Ambiente inicia a creación do primeiro observatorio dos ríos galegos

28-03-2017 19:01:54
Beatriz Mato (D), e Virxinia Fernández.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou hoxe que no vindeiro mes de abril se iniciará a creación do futuro Observatorio dos ríos Galegos. Así o adiantou durante a sinatura do convenio de colaboración, pola que se renova o compromiso para o desenvolvemento dunha nova edición do programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos), entre a Xunta e a Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega), representada pola súa presidenta, Virxinia Rodríguez,   

A conselleira salientou que este primeiro observatorio dos ríos terá unha composición multidisciplinar, con entidades da administración, sociedade civil e institucións do ámbito académico, polo que invitou á participación de Adega, neste órgano que se encargará de realizar plans directores para os distintos sistemas de explotación, así como impulsar e promover medidas que garantan a súa mellora ecolóxica.   

O convenio asinado esta mañá -por Adega, o Instituto de Estudos do Territorio e Augas de Galicia cun importe de 50.000 euros, ten entre os seus obxectivos dar a coñecer o papel fundamenal dos ríos e as problemáticas ambientais ligadas a estes, así como achegar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos cursos fluviais.   

Un reto que coincide cos do programa da custodia fluvial, unha ferramenta de conservación, centrada no concreto ámbito dos ríos, das ribeiras e dos patrimonios etnográfico e cultural vinculados a eles. Dentro do Proxecto Ríos dedicarase unha especial atención á divulgación desta ferramenta de conservación, polo que para intensificar esta colaboración analiazarase a posibilidade de asinar convenios concretos para o fomento de proxectos de custodia fluvial específicos en ríos da demarcación Galicia-Costa.   

As actividades que se financiarán a cargo deste convenio van dende cursos de formación na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcia de Arousa) para os coordinadores de grupos, un encontro anual de voluntarios, para presentar as súas experiencias relacionadas coas inspeccións de río; ou a limpeza simultánea de ríos.   

Tamén se porá en marcha un programa de itinerarios, os Roteirríos, cos que se pretende unir ríos e persoas, tentando achegar os cursos fuviais a? cidadani?a nun ambiente lu?dico, asi? como dar a con?ecer o patrimonio natural, social e cultural asociado.   

Grazas ás actividades que se levarán a cabo no marco deste convenio de colaboración contribuirase ao coñecemento dos principais problemas ambientais, sobre todo con aqueles relacionados coa dispoñibilidade de auga doce; incidir nas responsabilidades individuais pra evitar a contaminación das augas e favorecer a súa conservación; promover o coñecemento da fauna e flora dos ecosistemas de ribeira e aprender a interpretar o ciclo da auga a escala global e local, dilucidando o papel do cidadán nese ciclo.   

Beatriz Mato e Virxinia Fernández coincidiron en que estas actividades tamén axudan a espertar a curiosidade sobre a interrelación de aspectos naturais, culturais, históricos, sociais, económicos, etc, e promover unha visión integral da cidade ou vila e o seu contorno fluvial; e a fomentar o desenvolvemento da educación ambiental sostible a nivel local municipal, ofertando programas de actividades para diferentes grupos sociais.   

Por último, a conselleira destacou a consolidación de Proxecto Ríos, que comezou a su?a andaina no 2004, co reto de divulgar a situacio?n ambiental dos cursos fluviais, contribui?r a incrementar a concienciacio?n ambiental a trave?s da participacio?n cidada? e achegar solucio?ns aos problemas asociados a? auga e aos ri?os. Engadiu que despois de 13 anos é un referente absoluto no eido da participacio?n cidada? e no coidado e promoción dos ecosistemas fluviais de Galicia.   

En Galicia están conatibilizados 359 grupos de voluntarios que implica a participación dunhas 3.600 persoas no estudo e conservación dos ríos e entre os que destaca a gran implicación dos centros de ensino pois supoñen o 41% dos grupos de voluntarios





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias