El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

DEMARCACIÓN GALICIA-COSTA

Os encoros atópanse case ao 72% da súa ocupación

28-03-2017 10:14:57

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 71,87% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 81,16%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 70,93%. 

Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 27 de marzo, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 496,04 Hm3, dos 690,15 (volume total).   

Todos os embalses de abastecemento presentan unha porcentaxe de ocupación por enriba  da media, agás o de Cecebre, ao 64,04%, e o de Caldas de Reis, ao 61,56%. Tamén destaca o de Beche que é o único que se atopa ao 100% da ocupación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias