El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

A Xunta inviste 1,5 millóns en prevención de riscos laborais

26-02-2017 11:59:23

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar esta semana as axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria por 1,5 millóns de euros para a formación e o fomento en prevención de riscos laborais ao longo de 2017. A convocatoria destas axudas estrutúrase en dúas liñas. O prazo máximo de presentación de solicitudes en ambos casos será do 24 de marzo.   

A primeira está destinada a programas de formación intersectorial que realicen asociacións empresariais e organizacións sindicais de carácter intersectorial, cun importe de preto de 500.000 euros; e a segunda, para programas formativos e outras accións de fomento da prevención de riscos laborais, cun orzamento de 1.000.000 euros. Desta última, poden beneficiarse fundacións sectoriais, organizacións sindicais e asociacións empresariais tanto de carácter sectorial como intersectorial e, por último, asociacións profesionais de autónomos.   

Con estas axudas, os beneficiarios poderán desenvolver cursos, xornadas e seminarios formativos dirixidos, entre outros, a persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego e delegados de prevención. A Xunta ademais apoia con esta iniciativa estudos e traballos relacionados coa seguridade e a saúde laboral de investigación e prospección para a análise da mellora das condicións de traballo en sectores concretos da actividade económica; de difusión, sensibilización e intercambio de experiencias; gabinetes técnicos sectoriais de difusión normativa e técnica; accións divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais; e a realización de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións nesta materia.   

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias