El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Mesa dos alcaldes acorda iniciar os traballos sobre o transporte metropolitano

21-02-2017 20:45:39
Os rexedores da Área Metropolitana.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse hoxe cos seus homólogos nos concellos de Culleredo (Julio Sacristán), Oleiros (Ángel García Seoane), Sada (Benito Portela), Carral (José Luis Fernández Mouriño), Abegondo (José Antonio Santiso) e Betanzos (Ramón García), así como coa mandataria local de Bergondo (Alejandra Pérez) e representantes municipais de Cambre e Arteixo. 

Foi dentro dunha nova xuntanza da denominada Mesa dos alcaldes e alcaldesa da comarca na que, entre outras cuestións, decidiuse, por unanimidade, continuar co proceso de construción da Área Metropolitana, tal e como estaba previsto, abordando, en paralelo, a cuestión relativa ao transporte metropolitano. 

“Todos e todasas presentes decidimos iniciar os traballos ao respecto dentro do marco que xa establecemos noseu momento, que é a Mesa do Transporte Metropolitano, de cara a acordar coa Xunta un futuroplan de transporte para os concellos da área”, explicou Ferreiro, rematada a reunión. De feito outro dos acordos alcanzados por total consenso pasa por “abordar todo o proxecto do transportemetropolitano de forma bilateral coa Xunta”.

Ao fío, dende o Concello da Coruña solicitarase unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que tamén estean presentes o resto de concellos da área. “Nesa xuntanza levaráselle unha proposta á conselleira para incluír a técnicos da propia Xunta na Mesa do Transporte Metropolitano, de cara a poder ir traballando este asunto de forma conxunta”, explicou Ferreiro. 

“O que quedou claro é que todo isto non supón parar en ningún xeito a nosa axenda de cara á construción dunha Área Metropolitana real, senón que se trata de traballar osasuntos en paralelo, para que o deseño final desa mobilidade e transporte poida ser xa posto enmarcha na nova área”, insistiu o primeiro edil coruñés. 

“Estamos nun momento que coincide notempo coa caducidade das concesións de transporte metropolitano, competencia neste caso daXunta. O outro día, na reunión que mantiven co presidente autonómico, este manifestou tamén oseu interese en que houbese un consenso na área metropolitana. Creo que é necesario deseñar otransporte nesta zona como un conxunto. A Área debe ser comprendida como unha unidade,conformada por múltiples concellos, que debe contar cunha rede de transporte. Só así poderemosxerar unha alternativa real ao transporte privado”, dixo o mandatario coruñés.



Estratexia Metropolitana e Mesa Metropolitana do Turismo

Noutra orde de asuntos, e entregado xa o primeiro informe da comisión de xuristas da UDC conrespecto á conformación da Área Metropolitana, solicitado dentro dos traballos para a creacióndunha lexislación propia para esta futura entidade, o Concello procederá a unha segunda encarga,neste caso un informe sobre “o marco europeo de gobernanza metropolitana”, comparando osdistintos modelos, así coma os seus soportes normativos.  Este documento permitirá organizar odebate político da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa arredor das competencias, a estrutura, agobernanza, e o financiamento da futura Área Metropolitana.

Por outro lado, e con respecto ao documento de Estratexia Metropolitana que se está a elaborar, a Mesa acordou, tamén de xeito unánime, aprobar unha prórroga até o día 7 de marzo para facilitaras súas aportacións aos concellos que aínda non fixeron achegas ao texto. 

O Goberno local fará extensiva esta prórroga ao resto de grupos municipais da Corporación, que de momento non realizaron ningunha proposta malia a que se lles ofreceu esta posibilidade hai xa meses. A folla deruta marcada pasaría por, unha vez pechado o documento de Estratexia Metropolitana, iniciar unproceso de exposición pública e participación.

Ademais, a e os representantes municipais acordaron que a Mesa Metropolitana sobre a Ría do Burgo e a Bacía do Río Mero pase a denominarse Mesa da Conservación da Natureza e a Biodiversidade, de cara a ampliar o seu espectro de actuación, así como crear unha nova MesaMetropolitana dedicada ao Turismo, a Economía e o Emprego, na que, entre outras cuestións, seaborden tamén as preocupacións comúns en torno ao aeroporto de Alvedro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias