El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN ALEMAÑA

Turismo de Galicia participará na feira FREE

19-02-2017 13:18:00

O turismo da Comunidade galega estará presente a vindeira semana na feira de turismo FREE, que se celebrará na cidade de Munich entre os días 22 e 26 de febreiro, onde Turismo de Galicia presentará a oferta turística galega para o ano 2017, dentro do segundo mercado internacional máis importante e o terceiro que máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago.   

FREE é a feira de turismo con maior repercusión na rexión de Baviera, o estado federado máis grande de Alemaña. Tratase dun certame xenérico de turismo, aínda que tamén con pavillóns temáticos dedicados a caravaning, camping, bicicleta, outdoor, saúde e benestar, deportes acuáticos, e con activades nas que os visitantes poden participar.   

A nosa comunidade esperta moito interese entre os visitantes que buscan novas ideas para as súas vacacións ou ben para informarse de primeira man cando xa teñen decidido un destino. Trátase dun público con cultura viaxeira e bo coñecedor de Galicia, especialmente polo Camiño de Santiago. 


Demanda turística

Con máis de 163.000 viaxeiros aloxados e preto de 250.000 pernoitas nos establecementos de Galicia o mercado alemán representou en 2016 case o 11% do total do turismo internacional. O alemán, foi, así, o segundo mercado en orde de importancia detrás de Portugal.   

O pasado ano, a demanda turística alemá presentou un incremento que superou o 3,3% a cifra de viaxeiros aloxados durante 2015 e nun 3,6% o nivel de pernoitas dese ano. O turismo alemán cara a Galicia acumula catro anos consecutivos de incremento da demanda en Galicia co que en 2016 rexistrou os seus niveis máximos.   

Por outra parte, o ano pasado, 21.333 peregrinos alemáns realizaron o Camiño de Santiago e recibiron a Compostela, o que supuxo un 11,50% máis que no ano 2015. Deste xeito, Alemaña foi o terceiro país que máis peregrinos achegou á Ruta Xacobea cunha porcentaxe do 8,60% sobre o total.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias