El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

SEGUEN MINGUANDO

As emisións de Sogama, situadas moi por baixo dos límites legais

24-10-2016 20:24:54

No seu firme compromiso co coidado do medio ambiente e a saúde pública, Sogama fixo posible que as súas emisións á atmosfera procedentes da actividade da Planta Termoeléctrica, sita no complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña) e onde se leva a cabo a valorización enerxética do combustible derivado dos residuos non reciclables (CDR), se minoraran aínda máis durante o primeiro semestre do ano en curso, se ben desde o inicio da súa actividade industrial todos os parámetros de emisión estiveron moi por baixo dos límites que marca a lexislación vixente. 

No caso das dioxinas e furanos (ng ITEQ/Nm3), cun límite legal de 0,100, a empresa conseguiu reducir o valor do 2015, que ascendía a 0,007,  e situalo en 0,002. Respecto das partículas (mg/Nm3), cun límite legal de 10, descenderon de 2,4 no  ano 2015 a 1,5. E o NOx (mg/Nm3), cun límite legal de 200, caeu desde 72,9 ata 61,. Isto quere dicir que a actividade industrial de Sogama, non só se axusta de forma rigorosa á lei, senón que ata vai máis aló, garantindo unha operativa perfectamente compatible coa protección do contorno. 


Teconoloxía e boa xestión, as claves

A adopción de tecnoloxías de última xeración, xunto cunha xestión empresarial eficaz, eficiente e responsable, constitúen os dous principais factores que permitiron a Sogama levar a cabo a súa actividade industrial con absolutas garantías. No caso da Planta Termoeléctrica, que conta cunha potencia instalada de 50 MW, acolle dúas caldeiras de Leito Fluído Circulante nas que o CDR ponse en contacto cunha area en fluidificación a temperaturas superiores a 850ºC, facilitando con isto unha combustión homoxénea, estable, completa e de alta eficiencia. 

A neutralización dos gases acedos conséguese coa inxección de dolomita, e unha vez arrefriados diríxense a dúas liñas de depuración antes da súa saída ao exterior. Tras atravesar uns ciclóns onde se separan as partículas máis grosas, utilízase cal apagado e carbón activo para reducir compostos tales como dioxinas, furanos e metais pesados. Acto seguido, os gases pasan por un filtro de mangas para a recollida das partículas máis finas, sendo enviados á cheminea mediante un ventilador de tiro inducido. 

No ámbito industrial, cabe recordar que este tipo de plantas son as máis vixiadas nos seus aspectos medioambientais, estando sometidas a un control estrito e permanente que ata foi recoñecido en numerosas ocasións por grupos ecoloxistas tales como Os Verdes de Alemaña, país que conta con máis de 70 plantas destas características. 

Trátase de instalacións que se atopan perfectamente asentadas e integradas no contorno dos países europeos máis avanzados e respectuosos co medio ambiente, emprazándose en moitos casos no propio centro das cidades, o que lles permite abastecer á poboación máis próxima con recursos tan valiosos e necesarios como a electricidade e a calor. 

Ademais, con este sistema conseguiron que os seus niveis de vertido sexan inferiores ao 4%, logrando nalgúns casos o vertido técnico cero; unhas taxas das que se afasta España en gran medida, toda vez que tan só conta con 10 plantas de valorización enerxética nas que se procesan o 12% dos residuos, enviando a vertedoiro o 55%. Constatouse igualmente que os países que máis valorizan enerxeticamente son tamén os que máis reciclan. 


Acceso á información

Tanto no laboratorio da Planta Termoeléctrica como na sala de recepción do edificio de oficinas de Sogama, os cidadáns poden comprobar, a través de equipos informáticos, os parámetros de emisión real en cada momento. 

A pulcritude do proceso foi recoñecida no seu momento pola Comisión Europea, que xa no seu informe ex post do ano 2012 enfatizaba as garantías medioambientais ofrecidas pola compañía pública galega, destacando, entre outros aspectos, o pleno cumprimento da normativa aplicable. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias