El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

EDUCACIÓN

Arranca a IX edición do "Atrévete"

22-10-2016 12:56:23

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de poñer en marcha unha nova edición do programa “Atrévete”, para fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galicia.  

Esta iniciativa enmarcada no Plan Eduemprende, ten como principal finalidade fomentar motivar e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e impulsar unha nova cultura emprendedora. Nesta liña, lévanse a cabo distintas actividades para que os estudantes -a través do seu profesorado- coñezan de primeira man o tecido industrial da súa contorna e, en concreto, as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras.   

O programa está dirixido ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria e de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros sostidos con fondos públicos. Ao abeiro do “Atrévete 2016/17”, a partires do vindeiro mes de novembro e ata maio do próximo ano levaranse a cabo xornadas de fomento do emprendemento para os rapaces de ESO, que inclúen visitas ás sedes das empresas e das asociacións empresariais colaboradoras. Neste mesmo período, nos centros de primaria seleccionados, recibirán a visita dun empresario que lles contará a súa experiencia.    

De xeito paralelo convócase un ano máis o concurso “Atrévete a ter unha idea”, dirixido a todos os alumnos participantes no programa. Os rapaces que participen deberán presentar de xeito individual unha boa idea de negocio, explicada nun máximo de dous folios. Os que presenten as mellores ideas de Primaria e de ESO recibirán como galardón un e-book cada un deles. Os centros participantes





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias