El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

UNIVERSIDADE

A UDC acolle o VI Congreso Mundial do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade

20-10-2016 20:28:18

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá do 3 ao 5 de novembro a sexta edición dun congreso técnico-científico que analizará a actualidade do deporte en idade escolar. 

O evento xa conta con máis de 100 inscritos procedentes de diferentes cidades españolas, así como representantes do deporte escolar doutros países como México, Perú, Portugal, Francia, Brasil, Colombia, República Dominicana ou Ecuador.  As inscricións están abertas ata o día 28 de outubro e poden facerse na web do evento  www.sportis.es   

Haberá un total de 15 conferencias impartidas por profesorado nacional e internacional. Algúns dos temas que se abordarán serán o análise dun programa de prevención de comportamentos antisociais no deporte, a selección de talentos deportivos, neuroeducación e Educación Física, a nutrición deportiva en nenos, a análise dos modelos deportivos de Brasil e Francia, ou os dereitos e obrigas legais dos técnicos deportivos, entre outros temas. 

Tamén se presentarán máis de 50 traballos de investigación de numerosos investigadores nacionais e internacionais.  A Universidade da Coruña sensibilízase así ca mellora da formación dos técnicos deportivos e ofrece ao seu estudantado dos Grados de Ciencias do Deporte e Educación Física, así como Fisioterapia e outras titulacións afíns, unha formación de calidade para a súa actualización e reciclaxe de coñecementos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias