El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

Luís Villares: "En Marea é o proxecto que traerá a igualdade, a solidariedade e a xustiza ao noso pais"

19-09-2016 09:26:27
Luís Villares, en Pontevedra.

Unha ateigada praza da Peregrina acolleu o encontro coa cidadanía de En Marea onte en Pontevedra. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, destacou a presenza do deputado de Podemos, Íñigo Errejón, no encontro de Pontevedra porque “aínda que falemos linguas distintas defendemos o mesmo, presumimos de Íñigo como onte presumimos de ter con nós a Ada Colau e esta semana teremos a moitos máis apoiando este proxecto baseado na unidade na defensa da xente. Outros pasean en iate ou suben a escenarios con acosadores como Baltar“. 

Villares referiuse ás últimas enquisas publicadas, “a última entrega dun receitario de cociña, pero a estes larpeiros atilas que queren acabar con Galicia lles dicimos que poden cociñar o que queiran porque o derradeiro prato o terán o vindeiro domingo 25 de setembro“. “O pobo galego xa o demostrou na época dos Irmandiños, na construción das Irmandades da fala, cun pobo que se indigna que se compromete como o noso, era doado construír EN Marea. 

Temos dereito a un goberno mellor“ declarou Luís Vilares. “Temos dereito a saber que pasou coas nosas caixas, a coñecer a verdade sobre sobre o accidente do Alvia, temos dereito a que se acabe coas portas xiratorias“ destacou o candidato á presidencia de En Marea que defendeu as propostas de En Marea como é o “saneamento integral das rías, que tanta falta fai en Pontevedra para recuperar para o marisqueo, e tamén para que despois quen queira poda pasear en iates por elas se é o que quere, ou acabar coa desigualdade de soldos entre homes e mulleres para nós non é xusto, pero que para eles semella si“. 

Villares anunciou como primeira medida que impulsará o goberno da Xunta de Galicia de En Marea será a aprobación dunha lei de Garantías sociais mínimas será o primeiro que poñamos en práctica para garantir teito, alimentos e enerxía en todos os fogares do noso país. En Marea aposta pola recuperación dos servizos públicos para a xente porque como explicou Luís Villares é unha necesidade e máis rendíbel economicamente.  “En Marea é o proxecto que traerá a igualdade, a solidariedade e a xustiza ao noso pais, por iso revolvédevos non vos rendades. Hai Marea!!“ concluíu o candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea.   

O deputado de Podemos, Íñigo Errejón, arrancou o seu discurso denunciando as políticas do PP durante todo estes anos contra á cidadanía que as levou a ser conscientes de que tiñan que ser eles os que terían que acabar con toda desvergoña que non estaban a solucionar os seus gobernantes. “O que realmente quere a un país non obriga a xuventude a marchar, quen quere a un país non saquea a sanidade, a ensinanza pública, non maltrata as súas mulleres, plantase diante e di estou aquí para defender a miña xente“ afirmou Iñigo Errejón. 

“Estes dias están a dicir que hai que lles votar para evitar o desorde e a inestabilidade. Non sei en que pais vivía Feijóo pero no meu o desorde comezou hai moito tempo, cando botaban a xente das casas, cando os mozos tiveron que deixar o país, cando se garantían os traballos so para aqueles que tiñan o carné do PP, cando comezaron a insultarnos e pensaban que ían derrotarnos unha e outra vez. Isto xa acabou, as urnas o está a dicir moita xente pero tamén nas rúas xa o din, non temos que resignarnos a súa desvergonza, ao seu desorde, ao descontrol das contas públicas, ao xeito de xestionar coma se fose un casarío para familiares ou peor, como intento de prostíbulo para algúns señores do PP“ declarou. 

Errejón asegurou que pese a todo “pódese poñer orde pero durante moito tempo confiamos en que o farían eles pero agora démonos conta de que só se consigue se o fai a xente decente e traballadora coma nós“. “Un goberno que lles digan que xa é hora de deixar que a xente respire e apoiar as pequenas empresas, recuperar o salario mínimo e negociación colectiva porque so así se tira pola economía, unha imprescindible reforma fiscal para que a xente que mais ten pague un pouco máis para os que non teñen podan ter algo. En definitiva ter un goberno ao seu servizo que os ricos levan moito tempo gobernando para eles“ afirmou. 

Iñigo Errejón asegurou que despois de que en Galicia se consiga o goberno do cambio, “estaredes a botarnos unha man tamén para botar a Rajoy do goberno do Estado“. “Que pasará en España para que tanto xuíz dea  o paso de se meter en política pregúntase moita xente, pois porque non lles deixaban facer o seu traballo. As leis non están so para lle meter a cambadela a xente, para atacar a maioría. Imos demostrar que Hai Marea e que o pobo é quen máis ordena“. 

A cabeza de lista de Pontevedra, Carmen Santos, explicou que “o PP ten Galicia empapelada coa cara de Feijóo pero es que hai moita banca moitos intereses de multinacionais que teñen interese en que gañen as eleccións. Nós non temos lastre, non lle debemos nada aos poderosos“. Santos desmontou o discurso do PP baseado en mentiras, “xa lles gustaría vivir na Galicia que pinta Feijóo pero a realidade é que non existe“. O incremento dun 260 por cen da débeda no noso país grazas a Feijóo con recortes en educación, sanidade. Nós sabemos empregar a calculadora e imos descubrir onde meteron os nosos cartos“ asegurou Carmen Santos. Unha auditoría que virá acompañada da aprobación dunha lei galega de lobbies que En Marea aprobará  en práctica. 

O número 2 por Pontevedra, Marcos Cal, arrancou asegurando que “se eles non queren cambiar as cousas xa o faremos entre todos e todas nós“. “Na loita desesperada de gañar algo de tempo están a xogar con dúas cousas as promesas que nunca se fan realidade e a política do medo“ criticou destacando o arranque de campaña do PP na praza de touros de Pontevedra, “un lugar de tortura para comezar a campaña, curioso o simbolismo“. 

“A xente que botan de casa, as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas que incrementouse de xeito intolerable, a corrupción, as listas de espera, as políticas da mocidade sen futuro, a prórroga de Ence con portas xiratorias ese é o proxecto que nos ofrece o PP“ e fronte a isto o proxecto de En Marea no que cadran as contas pero coa xente dentro, que coida dos nosos intereses e non das multinacionais“ declarou Marcos Cal. O número 2 por Pontevedra concluí animando a cidadanía porque “faltan poucos dias para que a xente sinxela gañe as eleccións, porque a Galicia que queremos todos e todas é a Galicia de En Marea. A xente decente estamos a facer historia“. 

A número 3 por Pontevedra, remarcou que “non podemos soportar catro anos máis de goberno do PP“. “Son responsables de que máis de 600.000 persoas en risco de pobreza, de que en Pontevedra non se teña un hospital publico en Montecelo, veñen con promesas en campaña electoral que nunca fan realidade. Son os responsables dee que Ence siga na ría, do proceso de eucaliptización no noso país que agrava o problema dos incendios en Galicia mentres privatizan os servizos de emerxencias do noso país. 

Do incremento ata o 37 por cento do paro mentres recortaban as partidas para o desemprego, e a seguridade no traballo canto tiñamos a comunidade autónoma coa maior taxa de accidentes laborais do Estado. Son os responsables da Púnica, Pikachu...“ sinalou Eva Solla. A número 3 por Pontevedra remarcou que non é verdade que sexan bos sectores, “leváronnos á maior débeda da historia que foi para os petos da banca non para a xente“. Fronte a este xeito de gobernar contra a xente, 

En Marea aposta por unha banca pública, pola ampliación do hospital de Montecelo, por apoiar as pequenas e medianas empresas. “Enquisas destinadas a mobilizar a xente do PP. Se non nos mobilizamos teremos catro anos máis de PP e non nolo podemos permitir“ rematou Eva Solla. O número 6 por Pontevedra, Xoan Hermida, puxo en valor a unidade de En Marea, e destacou o lugar elixido para a realización do encontro en Pontevedra, a praza da peregrina, “un lugar de encontro, de reivindicación contra violencia de xénero, de protesta ante incendios, aquí pechamos unha campaña das municipais que nos abriu as portas, ben merecería chamarse praza da dignidade“ asegurou. 

“En Marea supón unha nova andaina para un país máis xusto sen esquecer de onde vimos e tampouco o que nos fixeron. En Marea é unha árbore que ten o galeguismo e o republicalismo cívico como raíces e que pronto comezara a dar froitos. Levamos o M de mobilización que se converteu en revolución cívica, M de mestizaxe, M de maiorías. Todo isto é En Marea“ concluíu Xoan Hermida. enmarea 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias