El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

O PSdeG pecha a tramitación das candidaturas provinciais

22-08-2016 20:49:38

Os socialistas galegos veñen de pechar a tramitación das catro candidaturas provinciais para as eleccións autonómicas nas respectivas Xuntas Electorais, unhas horas antes de que remate o prazo oficial, ás 00.00 horas. Deste xeito cúmprese o último trámite despois de que ditas candidaturas foran ratificadas pola Comisión Federal de Listas do partido, órgano máximo de decisión para a elaboración das listas ante o que non cabe recurso de ningún tipo.

A xestora do PSdeG remata deste xeito coa proclamación das candidaturas, xa firmes, elaboradas democraticamente e respectando as normas e os procedementos regrados do partido, coa participación e as suxerencias das asambleas locais, as direccións provinciais, a propia xestora e o candidato á Xunta de Galicia, e coa aprobación final do órgano federal. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias