El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Os socialistas presentan as candidaturas ás eleccións autonómicas

20-08-2016 19:32:55

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe, no compostelán Parque de Bonaval, as candidaturas dos socialistas galegos ás próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro. Sinalou que os integrantes das listas socialistas constitúen o “instrumento para o cambio en Galicia”.   

Fernández Leiceaga dirixiu a presentación de hoxe, na que os candidatos e candidatas luciron unha rosa en representación da “sociedade máis igualitaria e progresista que queremos” e un lazo azul para subliñar “o noso compromiso con Galicia”.   

Subliñou que unha vez rematado o proceso de configuración das candidaturas, as listas “son de todos e de todas, non de ninguén en particular, nin sequera miás como candidato, senón de todo o PSdeG, e son o novo instrumento chamado a dar un novo impulso a Galicia e combater a parálise que representa o PP e ás súas políticas de recortes que atentan gravemente contra os dereitos básicos, a educación e a sanidade”.   

Engadiu que “estamos seguros de que o equipo que hoxe presentamos, renovado, máis xoven e con experiencia de xestión municipal, autonómica e noutras institucións, ten capacidade de levar o noso proxecto adiante”.   

Rematou a intervención diante dos medios de comunicación sinalando que as candidaturas socialistas son “representativas de toda Galicia” e instou a “mirar cara ao futuro, a poñer ao PSdeG ao servizo de Galicia para conseguir os cambios que necesita, para ofrecer máis oportunidades, menos pobreza, e recuperar unha educación e unha sanidade universal e de calidade”. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias