El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

A Deputación da Coruña acorda retirar os títulos honoríficos a Francisco Franco

29-07-2016 12:33:04
Pleno da Deputación da Coruña.

A Coruña.- O pleno da Deputación da Coruña acordou por unanimidade a retirada de títulos honoríficos a Fracisco Franco, cando se cumpre o oitenta aniversario do golpe militar que deu inicio á represión. O que fora Xefe de Estado da ditadura mantiña os títulos de Fillo predilecto da Provincia da Coruña e Presidente de honra da Deputación da Coruña, entre outras distincións. 

Tan só un día despois de que a Deputación da Coruña homenaxeara ás corporacións municipais que foron vítimas da represión franquista, o pleno provincial aprobou iniciar os trámites para a retirada dos honores e distincións á persoa que encabezou o golpe militar e se converteu no Xefe do Estado da ditadura durante case corenta anos. 

O primeiro dos honores a Franco foi aprobado no pleno da Deputación do 15 de xullo de 1939 que decidiu outorgarlle o título de Fillo predilecto da Provincia. Caro anos despois o ditador ía sumar a medalla do ex-combatente galego, proposta de creación do galardón aprobada na sesión do día 31 de agosto de 1943 e o nomeamento de Presidente de honra ao que o pleno daría o visto bo o 15 de febreiro de 1944, título que sería ratificado o día 15 de xullo de 1945.A declaración demanda tamén a aplicación "dunha auténtica política pública da memoria que permita o coñecemento da verdade histórica, a reparación e rehabilitación das vítimas, o exercicio da xustiza e a suspensión da fenda e das feridas físicas e morais causadas polo levantamento militar e a ditadura". 

O texto aprobado lembra tamén que xa o 30 de decembro de 2015, o pleno da Deputación aprobou unha moción de condena e o rexeitamento, sen paliativos, do golpe de Estado de xullo de 1936 que deu inicio á represión, así como da ditadura do xeneral Franco imposta tras a contenda. 

“A Deputación da Coruña reitera, asemade, a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida despois do golpe militar de 1936, ao réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e aos crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas”, engade a declaración que remata declarando a vontade de “eliminar, suprimir e anular todas as honras e distincións concedidas polo Deputación Provincial da Coruña a Francisco Franco Baamonde”.   


Defensa do reparto postal nas áreas rurais

O pleno aprobou tamén unha declaración institucional sobre a defensa do reparto postal nas áreas rurais da provincia da Coruña do que destaca a condición de “servizo público primordial” e peza básica para o “desenvolvemento económico e tamén para a vertebración da cohesión social”. 

Para evitar calquera modificación dos servizos postais que poida deixar aos núcleos rurais de Galicia, e en particular da provincia da Coruña, “nunha situación de desigualdade  de discriminación negativa con respecto a  outros lugares do país, creando así un grave prexuízo a un medio rural que se ve afectado xa pola súa dispersión, despoboamento e envellecemento”, a Deputación da Coruña acorda instar á Xunta a que solicite do Goberno do Estado a “adopción de medidas tendentes a manter a prestación dun servizo postal de calidade en todos os concellos da provincia da Coruña e a garantir o reparto na periodicidade establecida na normativa vixente”. 

O pleno da Deputación acodou tamén nesta declaración “demandar a dotación de recursos humanos suficientes para asegurar que este servizo de calidade se estenda a todos os concellos da provincia” e anuncia que trasladará o acordo ao presidente da Xunta, o presidente do goberno do Estado e aos grupos parlamentarios do Parlamento Galego. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias