El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

ÓBITO

Falece dun infarto o cineasta ourensán Eloy Lozano

14-04-2009 19:26:19

O audiovisual galego está de loito. Este martes falecía en Santiago, por mor dun infarto, o realizador ourensán Eloy Lozano. Foi o autor, entre moitos outros traballos, da primeira curtametraxe en 35 milímetros rodada en galego, "Retorno a Tagen Ata" (1973).

Ten unha ampla traxectoria profesional no ámbito do documental, ficción e publicidade, nos que combinou as facetas de guionista e de director. No seu currículo destaca "As Belas Dormentes", a súa primeira longametraxe, así como ser o encargado de reelaborar e sonorizar "O carro e o home", o filme etnográfico que Xaquín Lorenzo 'Xocas' rodou en 1941.

Lozano naceu na cidade das Bugas en 1953. Realizou tanto ficción como documentais, mais xa desde os inicios da súa carreira tivo unha forte vinculación co mundo da publicidade. Así, ten feito anuncios e videos promocionais para importantes firmas do sector téxtil, vinícola e institucional en Galicia. Tamén participou na organización do I Festival de Cine Independente de Ourense.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias