El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | GALICIA

Gonzalo Caballero: "Seguimos querendo unha España e Galicia progresistas"

18-09-2019 13:56:43

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, apuntou hoxe que as eleccións do próximo 10 de novembro decidiranse “en clave de proxecto de futuro”. Logo do anuncio da convocatoria electoral, dixo que “España e Galicia seguen necesitando o proxecto de futuro e de avance dos socialistas fronte ás tres dereitas” na “sorte de segunda volta electoral” á que “estamos abocados polo bloqueo político” contra quen gañou as eleccións de abril. 

O líder dos socialistas galegos defendeu o proxecto e o “modelo de avance social” que representa Pedro Sánchez “fronte ao retroceso que buscan as tres dereitas” e que necesita do apoio social e político en outubro. Este proxecto, dixo, está “comprometido co avance social e económico, cos sectores desfavorecidos, coa igualdade de mulleres e homes, cos parados de longa duración ou coas pensións, a sanidade e a educación públicas”. 

Caballero remarcou que as próximas eleccións celebraranse “en clave de futuro” e “referendarán a posición maioritaria e os avances sociais fronte á ultradereita” co apoio aos socialistas e á proposta de goberno “moderado e progresista”. Replicou así que os augurios da “dereita e ultradereita” fronte a “quen ía trocear España ou pactar cos independentistas” demostráronse “falaces, viñéronse abaixo”.  

Chamou ao apoio da esquerda e tamén do electorado de centro e moderado que queren “impoñer unha maioría social e de progreso fronte aos acordos de Casado, Álvarez de Toledo e Abascal”, que “non ofrecen nada positivo para os galegos e as galegas”.  

O responsable socialista sinalou que a convocatoria “non era o escenario que a cidadanía estaba esperando nin o que nos queríamos”, pero si ao que “estamos abocados” logo do “bloqueo político” contra a investidura de Pedro Sánchez, que foi o claro vencedor da pasadas eleccións, sen posibilidades de goberno para ningunha outra opción. 


BNG  

Doutra banda, a portavoz nacional, Ana Pontón, considera que o fracaso na formación do goberno do Estado constata a “inutilidade e a incompetencia das forzas estatais”, cuxos dirixentes deixaron claro que os personalismos e as estratexias partidistas están por riba do interese xeral.  

“Sánchez, Casado, Iglesias e Rivera demostraron que lles importa un pito os problemas da cidadanía e que lles importa un pito Galiza, catro anos con catro eleccións fronte a catro líderes máis preocupados polos seus egos que polos asuntos da cidadanía”, sintetizou Pontón, que se pregunta con que cara van volver pedir a confianza dos e das electoras.  

“Sorprende que os que nestes meses demostraron o seu fracaso e a súa incompetencia agora pretenden volver pedirlle o voto a cidadanía, pregúntome para que, é o primeiro que deberían explicar”, subliña. A líder nacionalista está convencida de que a maioría social “vai darlle a volta a tortilla” e converter o problema creado polas forzas estatais nunha “oportunidade” da man dun BNG que é o único que garante a defensa de Galiza no Estado.  

“O 10N van recibir nas urnas o que se merecen porque a maioría da cidadanía galega tomou nota da inutilidade das forzas estatais e estou convencida de que os galegos e as galegas imos darlle a volta a tortilla e converter o problema que eles crearon nunha oportunidade para que Galiza teña voz, teña peso e acabemos co ninguneo, coa discriminación e mesmo diría co desprezo que demostraron a este país”, argumentou.  

“E van converter ese problema nunha oportunidade da man dunha forza política como o BNG, que garante a defensa de Galiza ante Madrid e que garante tamén seriedade na política, algo que bota de menos a maioría social, porque no Bloque estamos para dar solucións mentres as forzas estatais demostraron formar parte do problema. Sánchez, Casado, Iglesias e Rivera,  máis preocupados por si mesmos que por estar á altura, van ter a resposta que merecen nas urnas”, declarou.  

Pontón subliñou que o BNG está “preparado” e vai ir “a por todas” para converter o 10N nunha oportunidade de colocar Galiza no lugar que lle corresponde dentro da axenda do Estado, e para que no Congreso volva haber unha forza política que dea voz os problemas e os intereses dos e das galegas.  

En relación a intención de Feixóo de non presentar un proxecto de orzamentos para 2020, Pontón lembra que estamos na mesma situación que con Raxoi cando forzou unha repetición dos comicios xerais, e nesa ocasión non dubidou en elaborar as contas públicas.  

“Pregúntome porqué Feijóo quere ser un elemento máis de inestabilidade cando pode facer un orzamento e pode realizar unha modificación de ser necesaria, como xa fixo no presente exercicio. Por tanto, se ameza con non presentar orzamentos é para facer dano a Galiza dentro da súa estratexia partidista e electoralista. Senón os presenta e porque é un irresponsable”, sentenciou. Departamento de comunicación / PSdeG / BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias