El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

MEDIO AMBIENTE | AOS MUNICIPIOS

Medio Ambiente invita aos municipios a poñer en práctica o concepto "Multierre"

13-09-2019 12:19:50

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, animou hoxe aos concellos galegos a poñer en práctica o concepto “multierre”, como repensar, reciclar, reutilizar..., nas infraestruturas e dotacións de titularidade municipal e converterse nun municipio sustentable, como é o caso do Concello de Sanxenxo.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou hoxe o Concello de Sanxenxo, onde coñeceu de primeira man as políticas ambientais e de turismo sostible que se están levando a cabo neste concello que é o municipio de España con maior número de bandeiras azuis para as súas praias e, sen dúbida, unha mostra de municipio turístico sostible.

A modo de exemplo, citou a reorganización dos contedores de residuos no casco urbano, mellorando a distribución e reagrupación dos mesmos, creando novas illas e potenciando as existentes para concentrar nun só punto os distintos tipos de contedores e facilitar e favorecer a reciclaxe, pois os veciños poden separar e reciclar os residuos tendo nun mesmo punto os diferentes contedores. 

Facilitar e achegar as infraestruturas aos cidadáns é un aspecto clave para mellorar a xestión dos residuos e, nese sentido, destacou unha medida posta en marcha polo departamento que dirixe: as axudas para a adquisición de puntos móbiles; á que se acolleu Sanxenxo e se beneficiou dunha achega de 150.000 euros para a adquisición desta infraestrutura, cuxo contrato na actualidade está en fase de licitación ata o vindeiro 18 de setembro, data na que se pecha o prazo para a presentación de ofertas. “Un novo servizo que permitirá aumentar a recollida selectiva en eventos con gran afluencia de público”, citou como exemplo a conselleira. 

Salientou que cando este equipamento entre en funcionamento, aumentarase a recollida selectiva de residuos non convencionais como fluorescentes, pequenos electrodomésticos, pilas ou baterías, ademais de poder reforzar a recollida selectiva de outros materiais como os restos de poda. Tamén destacou o investimento de 20.000 euros para a adquisición de contedores de envases lixeiros e de papel cartón, así como as campañas de sensibilización e xornadas informativas en materia de xestión de residuos e reciclaxe en centros escolares e festas populares, ao redor dunha ducia de actividades no último ano.

Por outra banda, a conselleira salientou que este esforzo pola reciclaxe tamén ten a súa recompensa para os veciños que pagarán menos na súa factura do lixo, xa que se beneficiarán de bonificación do 10% do canon de Sogama, grazas á decisión do Concello de Sanxenxo de adherirse a esta bonificación, que representa un aforro de 4,7 millóns de euros no conxunto de Galicia e un beneficio para máis de 1,8 millóns de galegos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias