El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Europe Direct A Coruña organiza en outubro un curso de formación sobre oposicións á Unión Europea

05-09-2019 11:54:58

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza o "Curso de formación para a preparación de oposicións e procesos de selección da Unión Europea" que se celebrará entre o 4 de outubro e o 4 de novembro no Pazo Provincial.

O curso, de carácter gratuíto, está orientado a persoas tituladas universitarias ou en último ano de carreira con interese en coñecer as oportunidades de traballo nos organismos e institucións europeas e adestrarse para os procesos de selección que se convocan regularmente.

Ofértanse un total de 25 prazas, con carácter gratuíto, que serán asignadas conforme cos criterios establecidos na convocatoria. A inscrición está aberta ata o 9 setembro e realizarase enviando o formulario de solicitude ao enderezo de correo europedirect@dacoruna.gal. O curso terá unha carga lectiva de 45 horas, das cales 30 serán presenciais e 15 de docencia en liña. As horas presenciais distribuiranse en sete sesións formativas que terán lugar entre o 4 e o 26 de outubro no Pazo Provincial (Avenida Porto da Coruña, nº 2 – 6ª).

Na selección das candidaturas valoraranse a posesión de título universitario, estudos de mestrado con formación na Unión Europea, a participación previa en procesos selectivos da Unión Europea, a realización de prácticas en institucións europeas ou de voluntariado europeo, así como o coñecemento das linguas de traballo nas institucións europeas. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias