El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

José Tomé abre unha nova etapa na Deputación

18-07-2019 14:58:47

LUGO | O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé Roca, tomou hoxe posesión do cargo de Presidente da Deputación de Lugo no Pleno de constitución da nova Corporación provincial saída das eleccións municipais do 26M, co que, subliñou, se abre unha nova etapa na vida da institución na que sitúa como obxectivo propio e do seu Goberno  devolver “a tranquilidade e a normalidade institucional a esta casa, que necesariamente ten que ser noticia polas políticas que sexamos capaces de levar a cabo, e non por ningunha outra cuestión que escape do interese xeral”.

Será igualmente unha prioridade para o Presidente, asegurou, “fortalecer o papel da Administración provincial como garante da cohesión social e territorial da provincia”, pois “contribuír á igualdade de oportunidades é imprescindible para impulsar o desenvolvemento e o progreso de Lugo e, ao mesmo tempo, para combater unha da principais ameazas, se non a máis importante, á que nos enfrontamos na nosa provincia: a caída demográfica e o envellecemento da poboación”. 

En todo este proceso, recalcou o Presidente, “só me move, e só penso, no mellor para provincia de Lugo, para os nosos 331.327 veciños e veciñas, e no mellor para Galicia, defendendo sempre o interese xeral, e por iso, só me move servir á provincia de Lugo”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias