El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

POLÍTICA | ALCALDES SOCIALISTAS

González Formoso preside o primeiro consello de alcaldes socialistas da provincia da Coruña

10-07-2019 18:30:51

O secretario provincial PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu hoxe en Culleredo a primeira reunión do consello de alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia da Coruña. O novo órgano créase coa idea de “dar voz ao municipalismo” e terá reunións periódicas nos diferentes concellos da provincia “para analizar e pór en común os numerosos problemas que afectan á xestión municipal e as súas posibles solucións; compartir ideas e experiencias e coordinar a acción política dos alcaldes e alcaldesas socialistas”, afirmou González Formoso.

Formoso lembrou que os 41 alcaldes e alcaldesas do PSOE nos 93 concellos coruñeses sitúan a esta formación política como “a que máis concellos e veciños representa na provincia” e defendeu a necesidade de “actuar conxuntamente nos grandes temas que afectan ao ámbito municipal


Axenda Rural, competencias e financiamento municipal  

O secretario provincial do PSOE expresou a súa satisfacción de que os alcaldes desta formación política “tomen a iniciativa de traballar unidos en defensa dos intereses dos cidadáns” e afirmou que o traballo comezou hoxe mesmo, abordando temas como a Axenda Rural Provincial que impulsará o goberno da Deputación neste mandato, destinada a implantar estratexias que fomenten a creación de emprego e a fixación de poboación nos pequenos municipios rurais da provincia.

Os rexedores socialistas abordaron tamén hoxe cuestións coma o impacto económico que supón para os municipios a asunción de competencias propias doutras administracións ou a falta de transparencia na distribución de fondos aos municipios por parte da Xunta de Galicia, que benefician sistemáticamente aos concellos gobernados polo Partido Popular.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias