El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Os veciños de Boborás convidan a unha viaxe no tempo, recreando a batalla de 1809

10-07-2019 12:10:23

Máis dun cento de veciños de Boborás e outros participantes chegados de diferentes puntos da provincia de Ourense recrearán a vindeira fin de semana un dos acontecementos históricos máis importantes da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón. Trátase dunha festa histórica na que os veciños de Boborás convidan aos visitantes a unha viaxe no tempo, para coñecer durante dous días en Pazos de Arenteiro os costumes, a gastronomía e o modo de vida daquela época, rematando o domingo 14 de xullo, ás 20.00 horas coa gran batalla final na Ponte.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural “que une historia, ocio e a solidariedade demostrada por un pobo”, dixo Rosendo Fernández, vicepresidente do ente provincial, na presentación que tivo lugar no Pazo Provincial, xunto coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e a tesoureira da asociación “1809 A Batalla”, Lidya Almonte, a quen acompañaron voluntarios ataviados con vestimenta de soldados franceses e de veciños daquela época. “Este evento é máis que unha festa, porque permite coñecer o que significa a implicación total da veciñanza cun acontecemento cultural dun pobo, que se desenvolve nun enclave que é monumento nacional”, expresou Fernández. 

Patricia Torres destacou “o grande esforzo dos máis de cen voluntarios que traballan para que todo estea a punto: vestiarios, decorados, armas, así como todos os elementos para que a recreación histórica sexa perfecta, incluíndo tamén disparos con pólvora e canóns e demostración de esgrima antiga”, salientou, engadindo que ademais da batalla en si, o programa de actividades inclúe teatro histórico, espectáculos de maxia, obradoiros de danzas, olería e cestería, catas de viño e aceites, e concertos, repartidas entre o sábado 13 e o domingo 14 de xullo, entre as 11.00 e as 23.00 horas.  

A festa “1809 A Batalla” é un evento cultural no que se recreará a batalla librada entre os trescentos galegos liderados polo Capitán Cachamuíña e os mil soldados do exército de Napoleón aos pés da Ponte da Cruz, aos que os galegos derrotaron. “Boborás rememora así a historia da vila e da súa bisbarra”, dixo Lidya Almonte, que destacou que en 2017 se creo a asociación “1809 A Batalla” “para levar a cabo e promover este acontecemento no que se implica todo o pobo”. Os fitos históricos serán representados por voluntarios da mesma aldea, doutras parroquias do municipio e mesmo doutros concellos da provincia, que se unen á celebración e vístense de combatentes dos dous bandos durante eses dous días. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias