El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Conferencia do expresidente Rodríguez Zapatero nos luns no Ateneo

09-06-2019 12:20:39
José Luis Rodríguez Zapatero.

O vindeiro luns o Ateneo de Santiago traerá a Compostela ao expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para impartir unha das súas míticas conferencias de Os Luns do Ateneo. E, ante a expectación agardada polo seu primeiro acto na cidade como Ex-Presidente, a entidade decidiu trasladar a realización do mesmo ao Auditorio do Parador, que conta cunha capacidade superior ao emprazamento habitual destas actividades.

A conferencia, que comezará no seu horario habitual (20.00 horas) e permitirá o acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade da sala, levará por título “Democracia é diálogo”. Precisamente Rodríguez Zapatero, Licenciado en Dereito na Universidade de León en 1982, destacou pola súa capacidade para limar as discrepancias ideolóxicas e persoais entre os seus compañeiros e sosegar os ambientes crispados, o que o levou a ser elixido para a Secretaría Xeral da Federación Socialista Leonesa (FSL) en 1988 e Secretario Xeral do PSOE en 2000.

Tras ganar as eleccións de 2004, converteuse no quinto Presidente do Goberno da democracia, constituíndo  por primeira vez na historia de España unha Executiva paritaria entre homes e mulleres. Entre as medidas adoptadas durante o seu mandato destacan a Lei contra a Violencia de Xénero, a Lei de Memoria Histórica, a Lei de Dependencia, a que posibilita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou a proposta da iniciativa internacional da Alianza de Civilizacións, adoptada como programa oficial polas Nacións Unidas, así como o acordo para o financiamento autonómico. Actualmente é presidente do Foro da Contratación Socialmente Responsable, dende que foi nomeado en 2016. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias