El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta amplía ata os 12 meses as axudas para favorecer a conciliación dos autónomos

27-05-2019 11:35:08

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a axuda específica dirixida a autónomos para financiar durante 12 meses a contratación dun desempregado ou do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade.

O Goberno galego con esta iniciativa amplía en 52 semanas a bonificación de 16 semanas do Estado, o que permitirá aos pais e nais autónomos manter durante un total de 68 semanas este apoio.

Apoiaranse as contratacións que, cumprindo cos requisitos esixidos, se realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019 para un mínimo de 6 meses. Para ter dereito á axuda, previamente a persoa traballadora autónoma debe ter estado de baixa por maternidade ou paternidade e no prazo dos quince días naturais seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade ter realizado un contrato de calquera modalidade. 

O prazo de solicitude desta actuación, que a Xunta puxo en marcha en Galicia de xeito pioneiro hai dous anos, estará aberto ata o 30 de setembro. O Goberno galego, a través da Estratexia Autónomo 2020, investirá este ano 600.000 euros nesta actuación que naceu con carácter permanente, é dicir, que está previsto que se siga prorrogando nos vindeiros anos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias