El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación arranca o programa anual "Conectadas"

27-04-2019 13:39:18
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Pontevedra | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do contrato para a execución do programa anual “Conectadas 2019”, que será levado a cabo pola empresa especializada “Xestión Cultural Áurea S.L”. Trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen buscan a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento, apoderamento e asociacionismo.

“Conectadas 2019” conta cun orzamento de 324.000 euros con accións formativas que terán unha duración de 35 horas. En cada unha delas poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15 persoas. Contémplanse un total de 40 accións distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: Muller Emprende, Muller e Cultura, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ademais, impartirase un módulo obrigatorio de 5 horas de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

No pasado ano 2018, en Conectadas participaron máis de 4.500 persoas, a través de 306 entidades de 57 concellos da provincia. Departamento de comunicación / Deputación de Pontevedra





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias