El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

BALONCESTO | ACB

Tito Díaz ponse aos mandos do Breogán

19-03-2019 13:41:27
El entrenador Tito Díaz.

Lugo | José Antonio Díaz López (Lugo, 20 de novembro de 1957) é o novo adestrador do Cafés Candelas Breogán. Tras a saída de Natxo Lezkano. O Consello de Administración deposita a súa confianza nun adestrador con ampla experiencia en diversas categorías do baloncesto e que cumprirá a súa segunda etapa como técnico en Lugo tras un breve paso na xa afastada tempada 1997/98 na que tamén exerceu como secretario técnico.

Tito Díaz é un dos nomes históricos do Breogán. Un referente como director de xogo, foi un dos xogadores que levou ao equipo celeste a cumprir o rexistro histórico de xogar en Europa (Copa Korac) co club da súa cidade na campaña 1985/86, tras o sexto posto logrado na campaña anterior. Con toda a súa carreira desenvolta en Galicia, a súa terra, Tito Díaz coñece todas as facetas do baloncesto, desde o xogo ou a xestión de club, pasando pola formación na Federación Galega de Baloncesto, ata a dirección técnica de equipos tanto de categoría masculina como feminina.

Na súa última etapa como adestrador na elite, Tito Díaz asinou o crecemento deportivo dun club como o Básquet Coruña durante catro tempadas, clasificándose en tres delas para play off de ascenso e chegando a xogar unha semifinal, tras eliminar precisamente ao Breogán en segunda rolda na tempada 2015/2016. O xa novo adestrador celeste non perdeu en ningún momento a súa actividade no mundo da canastra e durante os últimos meses formou parte do staff técnico da Federación Galega como responsable das seleccións autonómicas. Departamento de comunicación


Traxectoria como adestrador 

.- 1994-95 Celta Playas. Categoría autonómica. 

.- 1995-97 Celta Playas. Segunda División. 

.- 1997-98 Breogán Lugo ocupa  cargo de secretario técnico e primeiro adestrador. 

.- 1998-01 Inelga BBC Villagarcía Liga EBA. 

.- 2001-03 Club Baloncesto Peixefresco Marín. 

.- 2003-04 CB Rosalía de Castro. 

.- 2007-08 Gestibérica Vigo. 

.- 2008-11 Extrugasa de Vilagarcía. 

.- 2013-17 Leyma Natura Coruña (Leb Oro)





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias