El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

AUTOBÚS INTERURBANO

A Xunta activa as "paradas seguras" en horario nocturno nos servizos de autobús interurbano en 85 concellos

16-03-2019 13:29:04

A Xunta activa as paradas seguras en horario nocturno nos servizos de autobús interurbano prestados en 85 concellos galegos. O Plan de transporte público de Galicia, que comezará a funcionar o vindeiro mes de agosto, permitirá a posta en marcha destas paradas en horario nocturno en case 2.000 liñas de autobús de Galicia.

Non obstante, mentres non entran en vigor as novas concesións, o Goberno galego xa lles trasladou unha proposta de protocolo ás empresas concesionarias para que poidan poñer en marcha xa esta iniciativa. Así, unhas oito empresas xa comunicaron a adhesión a este protocolo e trasladaron que teñen servizos na franxa comprendida entre as 22,00 e as 07,00 horas.Esta medida contempla como posibles beneficiarios ás mulleres, ás persoas maiores, aos menores que viaxen sós e aos viaxeiros con mobilidade reducida.

Ademais, o plan tamén prevé o funcionamento de varias liñas con horarios nocturnos adaptados ás quendas de determinados grandes centros de traballo.O Goberno galego continúa a avanzar no proceso de renovación do mapa de servizos de autobús interurbano de Galicia mediante unha planificación que culminará este ano.

Esa modernización do transporte público seguirá o camiño iniciado en agosto de 2017, cando as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte dos servizos de autobús obrigaron á Xunta a pór en marcha un novo plan de servizos temporais ata este verán, e que agora afronta unha renovación que se estenderá ao conxunto da comunidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias