El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | ATENCIÓN PRIMARIA

Sanidade, Educación e Política Social analizan medidas conxuntas para desenvolver o novo modelo de atención primaria

16-03-2019 11:54:35
Os conselleiros analizan medidas conxuntas.

Os conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo; e Política Social, Fabiola Martínez García, analizaron, en reunións celebradas esta semana, as propostas conxuntas dos tres departamentos do Goberno autonómico para desenvolver o novo modelo de atención primaria con accións comunitarias a nivel local e de colaboración entre o persoal dependente de cada unha das consellerías.

Na reunión entre Sanidade e Política Social, os titulares de ambas carteiras abordaron a necesidade de traballar conxuntamente cara a simplificar o proceso de valoración da dependencia por parte do persoal de enfermería e traballo social. Ademais, convocaranse reunións periódicas de profesionais de atención primaria e do resto dos dispositivos asistenciais e sociais deste nivel asistencial. Ao respecto, a Xunta de Galicia creará órganos de coordinación sociosanitaria coa finalidade de avanzar na cooperación a nivel territorial nas áreas sanitarias e no ámbito local.

Outro dos puntos analizados na reunión entre Sanidade e Política Social foi a creación dun grupo de expertos composto por representantes de saúde pública e de asistencia sanitaria, de cada área sanitaria, e da Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxecto de establecer accións comunitarias, contando tanto co persoal da Consellería como co dos concellos. 


Medidas no campo educativo  

Na xuntanza entre os responsables de Sanidade e Educación para concretar o desenvolvemento conxunto de propostas co fin de implementar un novo modelo de atención primaria, Almuiña e Pomar avaliaron a promoción de actividades educativas entre as dúas consellerías dirixidas aos nenos, nenas e adolescentes, e tamén aos pais, nais e titores, sobre promoción de saúde, prevención de enfermidades e diminución da medicalización da vida. Dentro do ámbito escolar, tamén se dará formación ao profesorado. Por último, Almuiña e Pomar falaron de elaborar un programa específico de saúde escolar dende atención primaria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias