El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | CONVENCIÓN DEL PP

Feijóo ofrece o modelo do PPdeG como partido de amplo espectro e alternativa única aos partidos que gobernan España

20-01-2019 22:09:24
Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Núñez Feijóo, subliñou esta mañá que os populares galegos ofrecen o seu modelo de organización de amplo espectro como exemplo e alternativa única ao socialismo, o populismo e o independentismo que hoxe goberna en España e que “só pensa en continuar no Goberno”. “Fronte a un PSOE que cada día se fai máis pequeno, no PP debemos facer máis amplas as nosas bases”, apuntou, para insistir en que na formación caben moitas sensibilidades diferentes.   

Feijóo apuntou que esta Convención Nacional serviu para corroborar que o PP é “un proxecto de presente para lanzar o futuro e acreditar que somos un punto de encontro para moita xente”. “Non presumimos de ter un pensamento único, senón de poñer o noso pensamento a disposición dos demais”, recalcou.   

Ao remate do evento, o líder popular reivindicou ao seu partido como unha formación na que “non se esquece a ninguén, senón que sabemos que somos unha suma de todos os que nos precederon”, gabando as intervencións dos expresidentes Mariano Rajoy e José María Aznar, así coma do presidente Pablo Casado. “Marchamos de aquí tranquilos e satisfeitos, porque sabemos que podemos seguir sendo útiles á maioría social coa que soñaba Manuel Fraga”, sentenciou. Departamento de comunicación        





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias