El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina tres millóns de euros ao tecido cultural da provincia

08-01-2019 16:56:57

Oito liñas de subvencións con tres millóns de orzamento é o resumo das bases das novas convocatorias publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña cos que a área de Cultura da Deputación dinamiza o tecido cultural do territorio dos concellos, de maneira especial, da actividade das asociacións do sector. 

A Deputación da Coruña publica as bases de oito das súas doce liñas de concorrencia competitiva convocadas desde a área de Cultura con destino preferente a entidades sen fins de lucro e concellos. As oito que son xa públicas contemplan un orzamento de tres millóns de euros dos que máis de dous van dirixidos ás seis convocatorias ás que poden concorrer asociacións do tecido cultural. O prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 15 de febreiro. 

Ás estas liñas agora publicadas sumaranse en breve ás que teñen como obxectivo a contratación de persoal técnico por parte dos concellos  de xestión cultural, animación sociocultural e museos e centros de interpretación e as creadas no pasado ano para empresas que presenten proxectos culturais singulares e de contidos audiovisuais en lingua galega. 

"O mapa das liñas de axuda en concorrencia competitiva debuxa o impulso da área de Cultura á dinamización e afortalamento do sector, de maneira especial, das entidades sen ánimo de lucro que optan a subvencións transparentes e con criterios obxectivos claros", destaca a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. 

Neste sentido, explica que a creación das novas liñas que se incorporaron nos últimos anos supoñen a "eliminación da discrecionalidade e a garantía de que as entidades poden concorrer ás liñas que se adecúan as súas necesidades e natureza, completando ese mapa que sitúa á Deputación da Coruña á cabeza dun modelo de xestión que elimina o clientelismo e confia e se pon á beira do traballo de entidades e fundacións que son tan importantes para a creación e promoción da nosa cultura". 

As entidades sen ánimo de lucro poderán presentarse así á convocatoria para actividades culturais e tamén á de investimento, para as que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina 1.000.000 e 300.000 euros espectivamente. Nestas dúas liñas de axuda contémplanse catro modalidades de entidades, as culturais, veciñais, socioeducativas e social e/ou asistencial. 

O importe a subvencionar é de 1.000 a 30.000 euros no caso de actividades e de 1.000 a 20.000 euros no de investimentos. As entidades ou fundacións que sexan titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas ou desenvolvemento de actividades culturais optarán a unha convocatoria específica dotada con 465.000 euros que subvencionará con cantidades de 1.500 a 30.000 euros. 

Pola súa banda, corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato contan tamén con dúas liñas de axuda, unha para actividades dotada con 480.000 € que se distribuirán en achegas de 1.000 a 30.000 euros e outra para investimentos de 195.000 euros con 1.000 como mínimo e 15.000 euros como máximo. 


Á cabeza no apoio a festivais 

A  área de Cultura da Deputación da Coruña volve nesta edición superar o millón de euros destinado ao apoio de festivais, reservando 500.000 para os organizados por entidades sen ánimo de lucro que recibirán apoio de ata 60.000 euros e sumando 550.000 máis para subvencionar os organizados polos concellos que poderán recibir ata 100.000 euros por evento. 

Finalmente, concellos e entidades locais contan tamén cunha axuda de 360.000 euros da Deputación da Coruña co obxectivo de apoiar o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza musicais que recibirán axudas de até 20.000 euros no caso de conservatorios e até 10.000 euros para as escolas. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias