El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | O TEMPO

Alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo

08-12-2018 19:23:52

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará o domingo e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), nas primeiras horas da tarde de mañá domingo, espérase mar combinada do noroeste con ondas entre 5-6 metros no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral da provincia de Lugo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias