El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Xustiza e política en Os Luns do Ateneo

07-12-2018 18:33:55

Santiago | O luns 10 o Ateneo de Santiago levará a cabo unha nova conferencia do ciclo Os Luns do Ateneo, onde o ex-Presidente da Unión Progresista de Fiscais e actual membro do Consello Fiscal Álvaro García Ortiz falará sobre “Xustiza democrática e poder político”.  

Organizada pola Sección Sociedade Civil da entidade, o acto comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, permitindo acceder de xeito libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible, e rematará co tradicional coloquio.

Álvaro García Ortiz é Fiscal dende 1998 e especialista en medio ambiente do Tribunal Superior de Xustiza dende 2002, tendo sido o fiscal do Caso Prestige. Foi Presidente-Voceiro da Unión Progresista de Fiscais e membro do comité executivo de MEDEL (Magistrats Europeéns pour la Démocratie et les Libertés) ata 2017. É autor de varias publicacións sobre temas xurídico-ambientais e actualmente é o Fiscal Experto para Actividades Internacionais da Rede Europea de  Formación Xudicial (Ejtn) para o período 2014-2020, membro do Consello de redacción e comité de dirección do Observatorio Galego do Territorio e Vogal electivo do Consello Fiscal para o período 2018-2022, sendo o candidato máis votado da historia destas eleccións. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias