El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero: "O retroceso do PSOE ten que ver coa caída da participación"

03-12-2018 15:07:07
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns unha xuntanza de traballo coa ministra de Defensa, Margarita Robles, centrada na cuestión das fragatas F-110 que construirá o asteleiro público de Navantia en Ferrol para a Armada española.   Ao termo do encontro, o líder dos socialistas galegos anunciou que o contrato será aprobado “nas próximas semanas” no Consello de Ministros, segundo a información trasladada pola propia titular de Defensa. “O ministerio ten feito os deberes. Tivo que chegar o goberno socialista para desatascar un proxecto que levaba no caixón do goberno do PP moitos anos”, agradeceu.   De feito, Gonzalo Caballero instou a Feijóo e o PP a “explicar por que querían debater tanto sobre o tipo de mísiles que querían poñer nas fragatas e por que retrasaron tanto o proxecto” dende 2014. “Segundo os planes do PP, habería que esperar ata finais de 2019 para poder empezar a definir o proxecto”, sinalou, para valorar que o goberno socialista fixo “todo o que tiña que facer” para “cumprir con Ferrol”.   Como explicou aos medios o máximo responsable do PSdeG, “tras anos de retraso do PP, o goberno socialista está plenamente comprometido” co futuro do asteleiro público de Ferrol e coa necesidade de dar “impulso” á súa bisbarra, consciente de que este é un contrato “fundamental” para a economía da zona.   INVERSIÓN DE 4.500 MILLÓNS DE EUROS   “O que non fixo o PP en anos, os socialistas fixémolo en cinco meses”, resaltou Gonzalo Caballero, quen puxo en valor unha inversión de 4.326 millóns de euros que terá un impacto no emprego duns 7.000 postos durante case unha década.   Así mesmo, este proxecto supón o 40% da contratación que Navantia estima para os próximos cinco anos, e incrementaría o PIB da economía española en preto de 600 millóns de euros anuais. En paralelo, o seu efecto sobre a demanda agregada roldaría os 1.500 millóns de euros ao ano.   “RETRASO”   Á vista de que o goberno de Pedro Sánchez “está cumprindo plenamente” con Galicia e, especificamente, con Ferrol, o secretario xeral do PSdeG animou á ministra de Defensa a acudir á nosa comunidade a presentar “un proxecto tan importante” que “foi quen de desatascar”.   “Tras anos de retraso por parte do PP, que nin trasladou ao equipo do ministerio o estado da situación con claridade, hai unha boa nova para Ferrol e para Galicia”, aplaudiu Gonzalo Caballero.   ELECCIÓNS EN ANDALUCÍA   Por outra banda, cuestionado acerca do resultado das eleccións do domingo en Andalucía, o líder dos socialistas galegos admitiu que o resultado “non é bo para os andaluces nin para España” na medida en que supón a entrada dunha forza política do ámbito da ultradereita.   “Creo que nos ten que levar a unha reflexión profunda ao conxunto das forzas políticas do que pode ocorrer cando non entendemos as claves da sociedade na que vivimos”, incidiu Gonzalo Caballero, ao tempo que deu por feito que o PSOE de Andalucía “entenderá a mensaxe das urnas”.   Ao seu xuízo, o retroceso do PSOE ten que ver coa “caída da participación” e co desgaste despois de “moitos anos” de goberno, así como tamén cunha campaña “afastada da dinámica xeral” do partido e do goberno liderado por Pedro Sánchez. Con todo, recordou que o PSOE-A segue sendo primeira forza e non obviou tampouco a perda de forza electoral do PP. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias