El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

A nova planta de recuperación de materiais de Sogama entra en producción

29-11-2018 14:37:08
Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama.

Trala súa construción e equipamento nun tempo récord de oito meses, o pasado verán arrancaba no complexo industrial de Sogama, e en período de probas, a nova planta de recuperación de materiais contidos na bolsa negra (lixo convencional). Unha obra realizada integramente con enxeñería galega, a cargo da firma ourensá Valtalia, e que xa constitúe, trala súa entrada en produción, un paradigma no ámbito da  innovación tecnolóxica ambiental, toda vez que foi concibida e pensada en liña coa industria 4.0. 

Un total de 8 equipos abre-bolsas, 18 trómeles de triaxe e 35 separadores ópticos son só algúns dos elementos que integran unha instalación que permitirá recuperar ata 11 tipoloxías de materiais dunha forma totalmente automatizada (PET, PEAD, filme, polipropileno, poliestireno, plástico mixto, papel/cartón, aceiro, aluminio e vidro). 

Coa incorporación desta planta, a capacidade do complexo cercedense verase incrementada nun 81%, alcanzando 1 millón de toneladas anuais. O proceso gaña en eficiencia e en garantías, permitindo que Sogama remita aos centros recicladores catro veces máis material que ata o de agora e reduza o vertido a mínimos. De feito, a previsión é que no ano 2020 tan só deposite en vertedoiro o 10% dos refugallos, é dicir, aqueles que non se poidan reciclar nin valorizar enerxeticamente, alcanzando desta forma o denominado  vertido técnico cero. Con 15 anos de antelación, Sogama cumprirá un dos grandes obxectivos do Consello da Unión Europea en materia de residuos para 2035: que os Estados membros depositen en vertedoiro un máximo do 10% dos seu lixo. 

Tal e como sinalou o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, “reorientamos o modelo para contribuír a dar cumprimento aos novos obxectivos europeos e reforzamos a xestión xerarquizada de residuos, primando a redución, a reutilización e a reciclaxe, que complementamos coa valorización enerxética da parte non reciclable para que o vertido quede relegado a mínimos”. 

A nova planta supón un paso de xigante para a Sociedade pública, que actualmente xestiona os residuos urbanos producidos por 295 concellos ou, o que é o mesmo, por máis de 2.240.000 habitantes. 

Pero o proxecto de ampliación do complexo cercedense proseguirá a súa andaina o próximo ano. Trala entrada en funcionamento da nova planta, en xaneiro comezará o proceso de remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, que rematará a mediados de 2019, momento no que Sogama culminarça o seu plan estrela, o de maior envergadura logo da posta en marcha do complexo industrial, no ano 2000. 


De imitadores a imitados

Domínguez móstrase convencido de que esta iniciativa definirá o futuro da xestión sostible dos residuos urbanos en Galicia, cuxo marco de referencia é a economía circular. A súa satisfacción co traballo realizado é plena, facendo posible que Sogama se converta en punto de referencia a nivel europeo e mundial. “Se ata o de agora o noso espello eran os Estados do norte de Europa, aos que quixemos imitar e parecernos durante todos estes anos, actualmente é Sogama a planta á que mira o resto de Europa”, subliñou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias