El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

Rafael Louzán, único candidato á presidencia da RFGF

15-11-2018 18:25:42
Rafael Louzán.


Rafael Louzán Abal será reelixido presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola Asamblea Xeral toda vez que a súa é a única candidatura presentada antes de darse por finalizado o prazo de presentación de candidatos á presidencia.

Louzán acompañou a súa candidatura con máis de 130 avales dun total de 150 asambleístas, un extraordinario 87% de apoio que demostra claramente o respaldo do fútbol galego á xestión de Louzán e o seu equipo directivo durante o que foi o seu primeiro mandato. Un respaldo que queda reflectido tamén no feito de que en decembro de 2014 Louzán gañara as eleccións con 79 votos e agora o apoio alcanza os 130.

Agora ábrese un prazo para a presentación de reclamacións e recursos e o 30 de novembro será cando sexa proclamado definitivamente como único candidato, quedando a proclamación como presidente para a Asamblea Xeral que inicialmente está fixada para o 10 de decembro aínda que podería adiantarse. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias